Som Energía, la Cooperativa de Energía Verde

AUTOPRODUCIÓN SOLAR

COMO COMPRAR
Podes conseguilo así:
  • Venda no Local
  • Venda on line
  • Por Teléfono | Correo Electrónico
  • Solicitude de Orzamento
  • Ampliar información

DESCRICIÓN

Autoprodución?

Agora máis que nunca!

Aquelas persoas que desexamos un modelo enerxético máis eficiente, baseado en renovábeis e nas mans da cidadanía, vemos na autoprodución de electricidade unha oportunidade para poder contribuír facilmente, desde as nosas casas, a un cambio de modelo con menos impacto ambiental e que axude a reducir a nosa dependencia fósil de recursos exteriores.

 

Mais actualmente a autoprodución non se premia nin se facilita en España. Todo o contrario!.

 

A regulación eléctrica do Goberno frea a eficiencia, o aforro enerxético e as renovábeis.

A proposta de regulación da autoprodución establece, por exemplo, que para poder xerar, aínda que sexa unha pequena parte do noso consumo, teñamos que pasar por unha tramitación administrativa complexa e absurda. Chega mesmo a propoñer unha peaxe  pola enerxía que nunca sairá á rede. E coa plena conciencia de que facer pagar polo uso libre do sol é unha inxustiza, redondea o freo á autoprodución establecendo sancións para quen se propoñan desobedecer a esta inxusta reforma.

Se finalmente se aproba unha peaxe para facer uso do sol, a cooperativa Som Energía fará un chamamento á insubmisión e poñeremos os recursos necesarios, coa colaboración doutras entidades, para dar apoio xurídico a aquelas persoas que poidan, en certo momento, verse afectadas.

Por estas razóns, en Som Energía cremos na necesidade de impulsar, agora máis que nunca, a opción da autoprodución solar eléctrica.

FORMA DE CONTRATACIÓN/ENVÍO E DEVOLUCIÓN

Que propoñemos desde Som Energía?

Queremos facilitar e dar apoio a socios e socias para que se convertan en autoprodutores e mostren a vontade colectiva de non deterse no camiño cara o modelo 100% renovábel e eficiente.

Para iso colaboramos con diferentes distribuidores de kits para que nos subministren os equipos nas condicións máis vantaxosas.

 

INICIAMOS ASÍ A NOSA CAMPAÑA A FAVOR DA AUTOPRODUCIÓN!

 

Entra a formar parte da Cooperativa e exerzamos o noso dereitos de facer uso do sol libremente por un modelo enerxético e social máis xusto e sostible.