Som Energía, la Cooperativa de Energía Verde

SOM ENERGIA

Cooperativa Redes de Economía Solidaria
Cooperativa de Comercialización e Produción de Enerxía 100% Renovábel

REDES QUE AVALAN

COOP57 REAS Red de Redes

DESCRICIÓN DA ENTIDADE

Som Energía é unha Cooperativa adicada á Comercialización e Produción de Enerxía Verde.

Os nosos obxectivos son:

• Ser unha cooperativa enerxética que sexa unha ferramenta activa para as persoas que queren un cambio de modelo enerxético.
• Ofrecer a posibilidade de consumir enerxía eléctrica con garantía de orixe renovábel.
• Potenciar novos proxectos enerxéticos renovábeis para lograr o balance 0 entre o que consumimos como clientes e o que producimos como cooperativa. Non basta con comercializar a enerxía que outros producen. O obxectivo é un modelo 100% Renovábel.
• Dar un servizo integral de acceso ao uso de enerxía procedente de fontes renovábeis.

O ámbito de actuación da Cooperativa é toda España, con grupos locais de traballo por todo o Estado.

PRODUTOS E SERVIZOS

 

  • Comercialización de Enerxía 100% Renovábel.

Som Energía inicia a comercialización de electricidade verde a partir do sistema de utilización dos certificados de garantía de orixe. (CNE)

O proceso, polo tanto, segue o seguinte modelo:

  • Som Energía compra no mercado a enerxía eléctrica que os nosos socios e socias consumen (como o fan o resto de comercializadoras).

  • Ao mesmo tempo, a cooperativa provese dos certificados de garantía de orixe de produtores de enerxía exclusivamente renovábel.

  • Para considerarnos 100% renovábeis, os certificados verdes deben garantir que o 100% da enerxía que consuman os nosos socios e socias consumidoras ten que ser xerada por algunha instalación produtora de enerxía renovábel.

  • Así pois, Som Energía utilizará a rede eléctrica existente e deberá pagar unha peaxe por utilizala, concepto que se reflicte nas facturas dos socios e socias.

  • Paralelamente, Som Energía traballa para desenvolver pequenos proxectos de produción de enerxía en catro sectores: biogás, fotovoltaico, eólico e biomasa.

  • O noso obxectivo é cubrir o 100% da demanda de electricidade dos nosos socios e socias cos novos proxectos propiedade de de Som Energía.

  • Esta é a grande virtude do modelo que impulsamos: calquera usuario ou usuaria, viva onde viva, pode consumir enerxía verde e entre todos/as aumentamos a xeración renovábel gracias aos proxectos propios da cooperativa

  • Eficiencia Enerxética.

O modelo enerxético que desexamos só se logrará facendo un uso máis eficiente da enerxía. Non podemos pensar nun modelo 100% renovábel cos niveis de ineficiencia e despilfarro enerxético actuais.

É por iso que en Som Energía ofrecemos máis información e ferramentas para mellorar o uso que facemos da enerxía no noso fogar, máis alá de vender só kWh verdes.

VALORES

Que diferencia a Som Energía do resto das "eléctricas"?:

SER UNHA ALTERNATIVA DE CONSUMO RESPONSÁBEL.

  • Somos unha empresa cooperativa que busca o ben da comunidade por diante do propio beneficio baixo os principios dunha economía social, solidaria e sostible, onde 1 socio/a=1 voto.
  • Só enerxía verde. Sen oferta “sucia”.
  • Promove un mercado enerxético máis xusto, honesto, transparente e das persoas.
  • Permite ser un/ha "socio/a-consumidor/a" activo/a, en lugar de ser un/ha consumidor/a pasivo/a.
  • Perseguir o balance 0 entre o que consumo e o que produzo como “socio/a-produtor/a” de enerxía verde. Non nos basta con consumir a enerxía que outros producen; temos que aumentar a potencia renovábel.

GALERÍA

DATOS DA ENTIDADE

  • ANO DE CONSTITUCIÓN: 2010

OUTRAS REDES NAS QUE PARTICIPA A ENTIDADE

REScooop.EU                      REScooop.EU

         (http://www.rescoop.eu)

 

                    Plataforma por Un nuevo Modelo Energético            

   Plataforma por un Nuevo Modelo Energético

            (www.nuevomodeloenergetico.org)

 

 

               Xarxa dÈconomia Solidària de Catalunya             Xarxa d'Economia Solidària de Catalunya

                                  (http://www.xes.cat/pages/xs100.php)

FORMULARIO DE CONTACTO

 

Servicios que ofrece la entidad

COMERCIALIZACIÓN DE ENERXIA 100% RENOVÁBEL

COMO ADQUIRILO ::  Ver servicio

AUTOPRODUCIÓN SOLAR

COMO ADQUIRILO ::  Ver servicio

INVERSIÓN EN RENOVÁBEIS

COMO ADQUIRILO ::  Ver servicio

EFICIENCIA ENERXÉTICA

COMO ADQUIRILO ::  Ver servicio